Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ver o pasado con ollos de futuro
Medrar é aprender a despedirse.

Aínda que a ansiosa actualidade continúa a ser bombardeada por milleiros de novas, de maior ou menor interese para cada quen, hoxe merece escribir polos dous anos durante os que me abeirou este colexio. Podería deixarme levar pola melancolía e enumerar facetas e xestos de todos os que coñecín aquí pero, ademais de resultar repetitivo e fatigoso, non o farei porque sei que aqueles que levo comigo son bos coñecedores diso.

Porén, dous anos semellan un segundo en comparación cos meus compañeiros e, efectivamente, é moi pouco tempo pois quedei con ganas de moito máis. Aínda así, debo lembrar que, máis que as sobreentendidas aprendizaxes de materias que se esperan por parte dun colexio calquera, esas que son indirectas e emanan da mesma natureza deste centro teñen moito máis valor (realizar uns Xogos Florais que levan todo un ano de dedicación e sen ningún tipo de fin lucrativo, por exemplo. Quizais sexa o amor á arte; quizais a mensaxe de que os cartos non deben mover ou facer depender o que se fai con paixón; ou ben, sinxelamente, que sempre hai algo que facer para un mesmo e para os demais).

Non son quen para dar parabéns e, por iso, tan só podo dar as grazas a este colexio por converter o meu bacharelato nunha época inesquecible e por permitirme deixar a miña pequena pegada nel. Lamentablemente, hei de seguir medrando.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Videos galegos - Publicado o 27-05-2015 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 De lamentablemente nada, é preciso e moi beneficioso contar coa túa madureza e o teu compromiso intelectual,#blgtk08# e se é a través do galego, dupla satisfacción.

Que che vaia chévere alá onde fores e grazas.
Comentario por The master and Co (28-05-2015 10:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal