Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Por que unhas persoas aprenden máis rápido que outras?
En máis dunha ocasión ao longo da nosa vida tivemos a sensación de que unhas persoas aprenden determinados coñecementos ou habilidades máis rápido que outras. Agora, un equipo de científicos da Universidade de California en Santa Bárbara, da Universidade de Pennsylvania e da Universidade Johns Hopkins, en Estados Unidos, trata de explicar por que.

O estudo científico céntrase no que pasa no cerebro durante o proceso de aprendizaxe. Para iso, o equipo realizou un experimento con diferentes persoas, ás que se pedía participar nun xogo de notas musicais e cores. Nel, os voluntarios debían reproducir tan rapidamente como puidesen as secuencias destas notas, codificadas por cores, premendo os botóns correspondentes a cada unha delas. Ás dúas, catro e seis semanas repetíronse as probas.

Este experimento permitiu aos científicos rastrexar as conexións entre as diferentes rexións do cerebro de cada un dos voluntarios.

Os resultados botaron importantes diferenzas na velocidade de aprendizaxe dunhas persoas respecto a outras. Estas diferenzas asociábanse nos escáneres cerebrais que se levaron a cabo a unha diferente actividade neuronal.

Segundo o estudo, os participantes que aprendían a unha velocidade maior experimentaban unha diminución da actividade neuronal nas zonas que se asocian á denominada función executiva, que regula actividades cognitivas como a formación de plans ou o establecemento de metas, entre outras cuestións. A principal conclusión do estudo, polo tanto, é que esta 'desconexión' axudaría na aprendizaxe doutro tipo de tarefas máis sinxelas.

O feito de que as zonas asociadas á función executiva tarden máis en desenvolverse, explicaría por que os nenos son capaces de aprender máis rapidamente.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2015 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal