Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A TVG buscará ao mellor coro de Galicia no novo concurso
A Televisión de Galicia prepara un novo concurso de talentos no que se buscará ao mellor coro e coral da comunidade galega. Co título de Oh happy day, a cadea pública ultima a produción deste espazo que se estreará o próximo mes de maio, segundo informaba onte o ente autonómico.

Trátase dun formato que xa se emitiu con éxito na televisión autonómica catalá e que agora a TVG incorporará á súa grella de programación. O obxectivo deste espazo é reunir coros e corais de todas as idades e cantos da comunidade galega para tratar de determinar cal é a mellor de Galicia. Para iso ademais de cantar, os membros destas agrupacións terán que bailar e emocionar o público se queren chegar á final.

O programa estará presentado por Rodrigo Vázquez e o xurado encargado de elixir que coros e corais superan cada edición estará formado por Eva Perales, Najla Shami e Ramón Bermejo.

Malia que aínda non está pechado o número de coros que participarán, entre os concursantes haberá polo menos dúas agrupacións coruñesas: Sisters In The House e El Acorde Secreto. O primeiro é un coro de música negra, formado exclusivamente por mulleres, que ofrece versións de artistas como Stevie Wonder, Michael Jackson, Ray Charles ou Beyonce. Pola súa banda, El Acorde Secreto é un grupo vocal, formado por 30 integrantes, que interpreta cancións de todo o século XX e actuais.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2015 01:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal