Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ler, para que?
A lectura (especialmente a de ficción) parece aumentar a reserva cognitiva, que é a habilidade de tolerar cambios cerebrais que suceden coa idade sen presentar síntomas de demencia. Para García Ribas, a alta ficción seguramente sexa a forma máis estimulante para o cerebro. "A non-ficción, como os ensaios, tamén podería proporcionar beneficios, pero necesitaría estar escrita dunha forma complexa, non simplemente en forma de frases planas e directas", prosegue. En calquera caso, o que se comprobou é que "en persoas maiores a capacidade lectora é un marcador da capacidade intelectual mellor mesmo que os anos de estudo". E a maior disposición lectora, menor risco de demencia.

Nunha famosa investigación chamada “O estudo das monxas”, tívose acceso aos diarios que estas debían escribir cando entraban na orde, aproximadamente aos 20 anos. Moitas delas doaron o corpo á ciencia, e cando se foron realizando as autopsias comprobouse que aquelas que escribiran diarios máis complexos, con maior riqueza verbal, tiñan menos signos de Alzheimer e un cerebro en moito mellor estado ao morrer. "É de supoñer que escribían mellor, en gran parte, porque leran máis", asegura García Ribas.

En definitiva, entregarse á aventura dun libro é beneficioso porque provoca deleite. Xa o expresaba o poeta colombiano Álvaro Mutis: "Lean por pracer, teñan unha profunda sospeita".

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-04-2015 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal