Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Incendios forestais
Os incendios forestais poden constituír unha ameaza para o desenvolvemento rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galicia.

A política de defensa do medio rural contra os incendios, pola súa vital importancia para a Comunidade Autonómica, non pode ser implementar de xeito illado, senón integrándose nun contexto máis amplo de planificación do territorio e de desenvolvemento rural, sendo comprometido a todas as administracións, as persoas propietarias de terreos forestais, os labradores e labradoras, as comunidades de montes veciñais, a sociedade do medio rural e en xeral ao conxunto da cidadanía.

Galicia encabeza as estatísticas da última década, en canto a superficie afectada e número de incendios.

En Galicia quéimase ano tras ano aproximadamente o 50% da superficie total que arde en todo o Estado español e rexistra o 40% dos incendios. Historicamente Galicia é das Comunidades Autónomas cunha maior porcentaxe de incendios con causa descoñecida. Os incendios forestais requiren e demandan unha análise máis detallada e atinada, que nos axude a desenmascarar os elementos e motivacións que conducen inexorablemente a Galicia a encabezar ano tras ano as estatísticas de incendios forestais. Só así se logrará unha solución definitiva do problema. Ademais dunha intencionalidade premeditada para obter beneficios concretos co lume, danse outras situacións onde a orixe hai que situalo en malas prácticas e uso do lume inadecuadas e de alto risco, como as arraigadas queimas agrícolas e para obtención de pastos, o uso de lume en áreas de descanso, zonas de acampada e recreativas, etc.

Como dicía Rosalía, "os que onte foron bosques e selvas de agreste espesura, onde envolvidas en doce misterio ao raiar o día flotaban as brumas, e xermolaba a fonte serena entre flores e mofos oculta, hoxe son áridas lombas que ostentan deformes e negras as súas fondas gretas".

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2015 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal