Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rusia, a fábrica de "manequíns"
Corpos lonxilíneos e bikinis negros. Un exército prepárase para conquistar o planeta moda. Antano, a Unión Soviética daba ao mundo atletas, hoxe Siberia converteuse nunha xigantesca fábrica de modelos. Ao seu xeito, estas 'sílfides' de entre 13 e 18 anos tamén son campioas. Fan réxime, practican deporte e asisten a cursos de inglés. Esperan subir aos podios de París, Milán ou Nova York. Teñen moitas razóns para querer irse desta terra; o 20% da poboación vive baixo o albor da pobreza. Para elas traballar como modelo non é un capricho, a beleza resulta un ben precioso.

Elisabeth fai bicicleta estática para perder uns quilos que, segundo ela, lle sobran. Ten 13 anos e está decidida a ser unha estrela, por iso asiste a cursos de canto, deseño e natación. Tamén quere desfilar. "Creémonolo!", di a súa nai, Natacha, coach da nena nos seus anacos libres, contable de profesión e actualmente caixeira, para dispoñer de máis horas.

Ademais dela viñeron outras rapazas dende moi lonxe, ás veces percorrendo centos de quilómetros en autobús. As mozas preséntanse por quendas, apenas uns segundos para chamar a atención do xurado. Sobre o parqué encerado da Casa da Cultura de Krasnoïarsk -cidade prohibida durante moito tempo aos estranxeiros polas súas fábricas de armamento-, os tacóns das rapazas resoan ao desfilar. A maioría menores de idade pero cunha extraordinaria profesionalidade. Nas esquinas da sala os pais esperan orgullosos e esperanzados ante a perspectiva dun contrato que poida retiralos o resto dos seus días.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2015 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal