Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O amor provoca cambios no cerebro
Os cen participantes no experimento non tiñan que pensar en nada. Simplemente debían deixar a mente en branco, en completo repouso, e someterse a un escáner por resonancia magnética para intenta detectar algún tipo de actividade no cerebro. Pero a selección dos cen estudantes da Universidade do Sueste de China que foron recrutados para a proba non se fixo ao azar: 34 persoas estaban namoradas nese momento; outras 34 romperan a súa relación recentemente e os 32 restantes nin tiñan parella nin se deixaran cativar polo amor en toda a súa vida. Os resultados non deixaron lugar a dúbidas: os membros do primeiro grupo rexistraron cambios importantes nas áreas do cerebro relacionadas coa recompensa, a motivación, a emoción e as interaccións sociais. Ou, o que é o mesmo, o amor provoca cambios no cerebro, algo que se podía presupoñer, pero que agora se demostrou nunha investigación publicada na revista científica Frontiers in Human Neuroscience.

«Os resultados botan luz sobre os mecanismos neuronais subxacentes do que se entende por amor e demostran a posibilidade de aplicar unha imaxe por resonancia magnética funcional en estado de repouso para investigar o amor romántico», segundo sinalan os autores da investigación. Xiachou Zhang, o responsable do equipo, chega mesmo a asegurar que «é a primeira proba empírica de que o amor altera a arquitectura funcional do cerebro».

Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2015 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal