Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estudantes e profesores volven tomar as rúas contra o 3+2 do ministro Wert
Miles de persoas protestan nas sete principais cidades galegas nunha xornada de folga universitaria contra a reforma da educación superior.

Miles de alumnos e profesores saíron de novo á rúa este martes nas principais cidades galegas para mostrar o seu rexeitamento á reforma de titulacións formulada polo Goberno central, que abre a posibilidade de introducir un modelo de tres anos de grao máis dous de máster, que conviviría co actual modelo de 4 +1.

Estas protestas enmárcanse nunha xornada de folga nas universidades galegas, convocada polos sindicatos docentes CIG-Ensino, FETE-UGT, CC.OO-Ensino, CSIF, e as organización de alumnos AGIR, Comités, A Liga Estudantil, Acción Universitaria e Sindicato de Estudantes.

A marcha principal saíu da Alameda de Santiago de Compostela en torno ao mediodía encabezada por unha pancarta unitaria das organizacións docentes convocantes na que se lía "En defensa do ensino público. Non ao decreto 3 +2", mentres centos de alumnos coreaban consignas como 'aquí está, aquí se ve, o estudantado galego en pé' e 'non, non, non, á privatización'.

En declaracións previas á súa saída, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, destacou que a xornada de folga é "un verdadeiro éxito", coa "maioría de facultades paralizadas" e o apoio da "maioría do profesorado", persoal das universidades e do alumnado.

Louzao advertiu tanto ao Ministerio de Educación como á Consellería do ramo que deben "tomar nota" e "paralizar" tanto este Real Decreto como a política educativa que implantaron neste ámbito, que leva a "maior privatización" e a "limitar o acceso á universidade" ás familias.

Pola súa parte, Luz López, secretaria xeral de CC.OO. Ensino, explicou que esta reforma supón "un agravio máis para a sociedade galega e que levará a "unha brecha maior" nas diferenzas de clase "por motivos económicos".

Neste sentido, explicou que co 3 + 2 os alumnos terán que cursar dous anos de máster para poder estudar carreiras "de calidade", e con iso duplícanse os gastos" das ensinanzas e "non poderán estudar aqueles que queiran, senón aqueles que poidan pagalo".

Beatriz Pereiras López, 2º de bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2015 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal