Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

John Banville:«Escribir é moi parecido a soñar»
Intriga e misterio son os dous eixos sobre os que xira unha nova edición do festival literario Coruña Maiúscula, que se celebra no Ágora da cidade desde onte e ata o vindeiro sábado. Intriga e misterio son tamén cualificativos para referirse aos libros do padriño da cita este ano, o irlandés John Banville (Wexford, 1945), tanto os asinados baixo o seu nome como os do seu alter ego Benjamin Black. De ambos acaban de publicarse O libro das probas e Ordes sacras (Alfaguara), aínda que en setembro aparecerá en inglés outra novela de Banville, The Blue Guitar, que toma o seu título dun poema de Wallace Stevens. «O personaxe principal é un pintor que xa non pode pintar máis e a razón é que non podía soportar o oco entre o mundo e a súa representación pictórica, o que lle causa unha crise», anticipa o escritor.

-Un pintor. O protagonista de «O mar» é historiador da arte e vostede tamén pintou de mozo.

-A pintura é unha arte marabillosa porque non creo na arte psicolóxica. Non coñezo máis que o que vexo, non podo saber o que subxace debaixo. O único que podo presentar é o que resulta evidente aos meus ollos e iso é un pintor. Pero non me gustou ser un pintor. Estou contento de ser o que sexa que son, que non é un novelista. Benjamin Black é o novelista, mentres que o pobre Banville non sabe como escribilas [sorrí].

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 29-03-2015 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal