Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sobrevivindo ao desastre físico
Durante moito tiempo, o cine acostumaba a recrear a vida de xente ilustre que inventou cousas que supuxeron avances notables para a humanidade, grandes artistas que crearon beleza e alimentaron o espírito dos seus semellantes, líderes que revolucionaron a historia, seres cuxa personalidade e cuxa obra leva o selo da excepcionalidade. O xénero, ademáis de exaltante, debe de ser tan rendible economicamente que a industria xa non espera a que eses seres lendarios saldaran a súa presenza na Terra, senón que se propuxeron que os glorificados poidan disfrutar de tan trascendente tributo mentres que están vivos. É o caso de “La teoría del todo”, que retrata os gozos e desditas, teorías e descubrimentos, vida familiar e profesional, xuventude e madureza dun individuo tan prestixioso como popular chamado Stephen Hawking, alguén que, según contan as opinións autorizadas ou con fame de coñecemento, cambiaran o concepto que posuïamos do universo. Nesta película narran os achazos profesionais de Hawking, pero non abusan deles. Ao director, James Marsh, o que máis lle interesa é describir a capacidade dun home co corpo devastado pola enfermidade máis cruel, pero que mantén intacta a súa superdotada intelixencia, para sobrevivir ás súas terribles limitacións, manter unha existencia razoablemente feliz, durante moito tempo, coa súa muller e cos seus fillos e continuar investigando enigmas con resultados abraiantes, cuestionando verdades oficialmente aceptadas. Non é enfático, non subliña o melodrama, non busca manipular con resortes baratos as emocións do espectador. O seu traballo é tan contido como digno. Ten unha beleza delicada e estraña. E compón maxistralmente unha personaxe difícil, ao motor vital dun xenio cuxo organismo sofre parálise completa.

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal