Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Saramago volve sobre os seus pasos a Lanzarote
"Chegado a este punto, unha dúbida inquietante asáltame: que sentido teño eu?". Quen isto se preguntaba, José Saramago, é quizais un dos escritores que máis cargou a súa obra de sentido, un sentido da necesidade de contar as cousas tal e como son, de ser fiel reflexo da realidade que lle tocou vivir, de non se esconder, que os seus lectores sempre lle agradeceron. A frase, xunto a outras sacadas de Cadernos de Lanzarote (1993-1995), fortalece as instantáneas realizadas por João Francisco Vilhena que se exhiben na mostra Lanzarote: A ventá de Saramago, inaugurada este venres na Casa da Provincia de Sevilla.

A mostra foi inaugurada pola presidenta da Xunta, Susana Díaz, e tanto ela coma o presidente da Deputación, Fernando Rodríguez Villalobos, referíronse aos últimos atentados terroristas en Europa. "Estou seguro de que Saramago non se tería calado nestes días e tería alzado a voz contra a mordaza que o fanatismo está a intentar poñer á liberdade de expresión", dixo o responsable da Deputación, mentres que Díaz se mostrou convencida de que o autor de Ensaio sobre a cegueira "tería levantado a voz contra o fanatismo, porque xa na súa obra está escrito que o fanatismo é unha forma de cegueira".

Lanzarote, a ventá de Saramago inclúe tres instantáneas en cor e outras 26 en branco e negro realizadas en 1998, co escritor portugués como protagonista; e en 2014, cando o fotógrafo volve ás mesmas paisaxes que percorreu o autor de A balsa perdida tras recibir o Nobel de Literatura.

A xornalista e viúva do escritor Pilar do Río desvelou a importancia que Lanzarote exerceu na obra de Saramago. "A partir de Ensaio sobre a cegueira (1995) cambiou de estilo. El explicábao coa metáfora da estatua. Ata que escribiu O evanxeo segundo Xesucristo (1991) estivera a describir unha estatua pero, a partir Do evanxeo... interesoulle máis a pedra da que esa escultura estaba feita", recordou a presidenta da Fundación José Saramago, con sedes en Lisboa e na casa de Tías (Lanzarote) na que o escritor pasou a maior parte dos seus últimos 18 anos de vida.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal