Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Todas as preguntas do mundo na rede social viguesa Weknow

Tres mozos emprendedores tecnolóxicos de Vigo crearon esta nova rede social que se pode descargar no móbil dende appweknow.com e cuxo obxectivo é crear preguntas rápidas e visuais que axuden ás persoas a tomar decisións grazas aos votos dos seus amigos e seguidores.
Con este proxecto o deseñador gráfico Mauricio Mesa Garzón e os enxeñeiros de software Abilio Almeida Eiroa e Pablo Fernández de la Cigoña Novoa conseguiron entrar en dúas das principais aceleradoras, por un lado VíaVigo da Zona Franca de Vigo, xunto con outros 20 proxectos, e na Galicia Open Future de Telefónica, con outros 50 proxectos seleccionados entre centos que se presentaron a ambas as dúas convocatorias.
Ademais da aplicación para móbiles, contan cunha plataforma web, onde ofrecen a posibilidade de incrustar preguntas na web ou blog do cliente e ofrecen estatísticas avanzadas e análise de datos, segmentación de usuarios e mercados, medidor de tendencias, gustos e datos demográficos, información clave para moitas empresas.
Pretenden conseguir miles de seguidores e investimento para chegar ao seu mercado obxectivo, que son as empresas e marcas comerciais que queiran realizar estudos de mercado e estean interesadas na análise de datos para tomar as mellores decisións.

Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 18-01-2015 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal