Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Bágoas, bromas e música despiden a «Charb», o director de «Charlie Hebdo»
A Internacional, seguida de bágoas, bromas e músicas festivas despediron este venres nun funeral cargado de emoción ao director de Charlie Hebdo, Stéphane Charbonnier, «Charb», asasinado o 7 de xaneiro na sede do semanario satírico xunto con outras 11 persoas, oito delas membros da súa redacción. Familiares, amigos e colegas sobreviventes da revista, as ministras de Educación, Xustiza e Cultura, a alcaldesa de París, numerosos políticos e centos de cidadáns anónimos desexosos de renderlle unha última homenaxe acudiron á cidade de Pontoise, ao oeste de París. Os restos mortais do xornalista, un dos máis grandes caricaturistas franceses, xunto cos seus outros catro colegas debuxantes asasinados, penetraron no Halle Saint-Martin escoltados pola Internacional, convertida en triste canto fúnebre, segundo imaxes retransmitidas por televisión. No seu interior esperábano medio millar de persoas, mentres moitas outras permanecían na rúa, considerando o acto dende unha gran pantalla exterior. Ademais das ministras de Educación, Najat Vallaud-Belkacem; Xustiza, Christiane Taubira; e Cultura, Fleur Pellerin, e a primeiro edil Anne Hidalgo, asistiron ao acto o alcalde de Pontoise e diferentes líderes da esquerda francesa, entre eles Jean-Luc Mélenchon. A ombreiros dos seus familiares, o féretro de Charb tomou o camiño do cemiterio ao son dunha fanfarra que acompañou igualmente as últimas palabras do seu amigo e colaborador Patrick Pelloux, quen pechou a cerimonia sen poder ao final evitar o choro. O tamén médico de urxencias, un dos primeiros en chegar á sede de Charlie Hebdo tras o masacre, non esqueceu as outras vítimas asasinadas despois en París e aos seus arredores: catro clientes dun comercio xudeu e unha policía municipal. «Os 17 que se foron non morreron en balde. Agora somos un», subliñou Pelloux, antes de que saxofóns, trombóns, trompetas, contrabaixos, guitarras, pratos e acordeóns comezasen a interpretar a canción irlandesa «Dirty old town» mentres remataba a súa alocución. Previamente, Renald Luzier, «Luz», autor da última e novamente polémica portada do semanario, expresou o seu desexo de que xurdan novos «Cabu», Wolinski, «Tignous», Honoré, e chanceou imaxinando as caricaturas que o seu amigo tería creado para os seus enterros. «Charb», nacido en 1971 en Conflans-Sainte-Honorine-Sainte-Honorine, ao noroeste de París, foi inhumado despois na intimidade. Tamén este venres, París despídese do gran caricaturista Philippe Honoré, máis coñecido como «Honoré», e do corrector de probas de orixe alxeriana Mustapha Ourrad.

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal