Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O goberno vasco investirá en 2015 case sete veces máis no euskera que a Xunta no galego
“O euskera vive un ascenso histórico case idéntico ao descenso que sofre o galego”
“O PP rebaixou as partidas para fomento da lingua en 13 millóns desde que recuperou a Xunta”


Case sete veces menos. Esa é a diferenza orzamentaria entre o investimento en política lingüística do PNV ao fronte do Goberno da Comunidade Autonóma Vasca -onde o uso do euskera está en ascenso- e o do PP na Xunta de Galiza, onde recentes enquisas sitúan a lingua propia en mínimos históricos.

Segundo os datos ofrecidos esta mesma semana pola viceconsellaría de Política Lingüística de Euskadi, será de 45,6 millóns de euros a partida destinada o vindeiro ano ao fomento do euskera. Pola súa parte, segundo recoñeceu o propio conselleiro de Cultura e Educación no Parlamento galego a finais de outubro, a Xunta só investirá 6,7 millóns en 2015 na promoción do galego. A diferenza resulta evidente. Euskadi multiplica o presuposto galego case por sete. E, segundo as enquisas, obtén resultados. Na actualidade, un 37 por cento dos habitantes de Euskal Herria afirman coñecer e poder usar a lingua do seu país, o que significa unha suba de máis de 25 puntos nas últimas tres décadas.

Dende que chegou ao poder en 2009, o actual goberno autonómico do PP en Galiza reduciu en case 13 millóns de euros os cartos destinados á promoción do galego, até baixar aos 6,7 millóns actuais.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 11-01-2015 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal