Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Case un 80 % dos españois prefire o papel ao libro electrónico
O futuro do libro electrónico segue infestado de incógnitas, a xulgar pola última enquisa de hábitos de lectura do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que revela que un 79,7 % dos españois prefire o libro de papel ao electrónico.

A enquisa, incluída no barómetro de decembro do CIS, indica tamén que segue habendo un 35 % da poboación que non le «nunca ou case nunca», fronte a un 29,3 % que o fai a diario e un 16 % que le unha ou dúas veces por semana.

O principal motivo para non ler é a falta de interese ou de pracer (42 %), seguido da falta de tempo (23,2 %) e problemas de saúde como mala visión (12,9 %). Os que si len afirman facelo sobre todo para gozar e distraerse (61,6 %), e en moita menor medida (12,8 %), para estar informados.

Neste momento, só un 11,1 % dos lectores optan preferentemente polo formato electrónico, o que desvela que, a pesar de todo, o papel segue sendo o rei.

Iso si, xa hai un 15,2 % de cidadáns que se poden considerar lectores habituais de libros dixitais, fronte ao 66,3 % que recoñece non ter lido nunca neste formato, e un 15,2 % que non sabe o que é nin oíu falar nunca diso.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2015 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal