Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sony adianta en Internet a estrea de «The Interview»
Varias plataformas de Internet adiantáronse nun día á estrea en salas de cine do polémico filme The Interview e ofréceno dende este mércores para que se poida alugar a comedia, producida pola compañía Sony Pictures.

A película cuxa estrea quedou inicialmente suspendida e logo anunciada en salas restrinxidas, pódese baixar desde sitios como YouTube ou Google Play cun prezo de aluguer de 5,99 dólares.
The Interview é unha comedia de Seth Rogen e James Franco, que relata un complot ficticio de Estados Unidos para asasinar ao ditador norcoreano, Kim Jong-un, que o réxime de Pyongyang tachou de “acto de guerra”.
A compañía cinematográfica, Sony Picyures, sufriu un ataque informático o pasado 24 de novembro, cando os “hackers” roubaron -entre outros datos- números de identificación fiscal e partes médicos de máis de 3.000 empregados da compañía.

Ademais, os piratas, que se fan chamar “Guardians of Peace” (“Gardiáns da Paz”), apropiáronse de cinco novas películas de Sony, unha das grandes firmas da industria cinematográfica en Hollywood, que filtraron en internet antes de tempo.

Estados Unidos atribúe a Corea do Norte o ataque que sufriu Sony Pictures coa intención de forzar que non puidese chegar ás carteleiras a comedia. Ademais, un grupo de piratas informáticos ameazou con causar o pánico nas salas que a proxectasen.
Pero a pesar de todo, en EE.UU. dous centenares de cines anunciaron que estrearían a película a partir deste xoves.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2015 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal