Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A protección da Fraga de Catasós fronte á liña de alta tensión chega ao Parlamento
O Parlamento debaterá o futuro daFraga de Catasós a través dunha iniciativa presentada polo BNG que será tratada en comisión na que reclaman a declaración como Espazo Natural de Interese Local das Fragas de Casas Vellas e rego de Quintela, continuación do Monumento Natural das Fragas de Catasós. Esixen ademais que a Liña de Alta Tensión sexa soterrada nos quilómetros de maior impacto, e citan expresamente o tramo que vai entre Catasós e Moneixas, seguindo o trazado da N525.


A iniciativa, presentada polas deputadas Carme Adán e Ana Pontón, alerta da ameaza da destrución de parte do conxunto forestal próximo ao Monumento Natural das Fragas de Catasós e estima que arredor de 2.000 pés serán talados nunha operación que fraccionará fragas e soutos. “Concretamente a Fraga de Casas Vellas e a unidade paisaxística homoxénea disposta, coma mosaico de fragas de castiñeiros, pequenas carballeiras e minoritariamente agro, lonxitudinalmente polo rego de Quintela”, sinalan, dun conxunto que definen como “unidade paisaxística indisoluble” e expoñente da paisaxe tradicional agroforestal galega.

Riqueza paisaxística singular

Alertan tamén das transformacións da paisaxe rural de Lalín nas últimas décadas, unha alteración que, malia iso, permitiu que Catasós continuase salvando até hoxe unha riqueza paisaxística singular con soutos e fragas con bo estado de conservación.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-12-2014 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal