Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ABANDONO DA CALIGRAFÍA TRADICIONAL

Deixaremos de escribir a man nun mundo dominado pola comunicación dixital? E servirá para algo a escritura caligráfica nese caso? Especialistas consultados expresan matices diferentes sobre dito asunto, despois de que Finlandia plantexara que xa non sexa obligatorio aprendela.
A caligrafía tradicional ou escritura ligada en cursiva pasaría a ser optativa para os rapaces e fomentaríase a escritura manual con letra de imprenta e con ordenador. “Non se trata de opoñerse ao cambio senón da saúde do noso cerebro, do cerebro dos nenos que comenzan a escribir”, segundo mantén a grafóloga Sandra Cerro.

Escribir seguido, fluido, coas letras enlazadas e sen levantar o útil de escritura é xa de por sí un acto de continuidade que está implicando “constancia, perseveranza, capacidade para mantener o fío dos pensamentos”. Son habilidades de razoamento lóxico e, con todo iso, “un traballo extraordinario de axilidade mental e dinamismo neuronal. Cando escribimos unha idea a man sobre o papel, o noso cerebro entende que estamos dando prioridade a dita idea sobre outras das moitas que circulan por el”, entre outras conclusións. A letra tradicional cursiva obriga aos nenos a manter o trazo continuo e ligado e, moitas veces sen sabelo, fainos máis creativos, sociais, maduros e libres.

Tamén a empresa editorial valenciana Rubio, famosa polos seus cadernos de caligrafía, defendeu que a práctica da escritura a man reporta beneficios neurolóxicos, segundo estudos científicos e pode ser complementaria aos soportes dixitales.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2014 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal