Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS MALAS NON SON ELAS, SE NON ELES.
Científicos da Universidade de Georgia, nos Estados Unidos, demostraron que o mito das “chicas malas” do instituto é precisamente iso, un mito. O estudo revela que máis que as femias, son os chicos quen se valen de rumores, marxinación e chantaxe para manipular aos compañeiros.

A investigación analiza o comportamento de 620 alumnos de seis institutos diferentes de EEUU. Segundo os datos, os chicos válense máis cas chicas destes métodos pouco ortodoxos.

Os participantes de ambos sexos tiveron que reencher un formulario anual durante 7 anos sobre o seu comportamento. Case todos lanzaran un rumor ou fixeran un comentario para ferir a un compañeiro, polo menos unha vez durante o período de estudo.

Os autores do estudo quedaron un pouco sorprendidos cos resultados porque a crenza popular apunta ás femias como as máis afeccionadas á manipulación. Cren que hai que incluír a máis chicos nos programas para reducir a agresividade nas aulas e encontrar o porqué deste comportamento que pode provocar problemas psicolóxicos a quen os sofre.

Selena González Rodríguez, 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2014 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal