Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Detida por ir ao fútbol con ropa de home
Unha muller saudita foi detida en Yeda por acudir a un estadio de fútbol vestida con roupa de home para eludir a normativa que prohibe ás mulleres acudir a este tipo de espazos. A moza, que comprou a entrada por Internet, acudiu ao estadio de Jawhara de Yedá vestida con roupa de home e a cabeza cuberta, aínda que un garda de seguridade descubriu que era unha muller e procedeu ao seu arresto.

O portal saudita Arab News subliñou que a pesar de que durante os últimos meses publicáronse fotos en redes sociais de mulleres sauditas en partidos de fútbol, «as autoridades son firmes na prohibición» de asistir a este tipo de eventos.

Ademais desta prohibición, as mulleres de Arabia Saudita non teñen permitido conducir, aínda que nos últimos tempos producíronse protestas de activistas que se sentaron ao volante e compartiron o seu desafío a través de Internet.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2014 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal