Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Marc Márquez, gañador da Superprestixio Dirt Track.
Marc Márquez, campión mundial de MotoGP, gañou a segunda edición da Superprestixio Dirt Track, celebrada no Palau Sant Jordi de Barcelona, obtendo así un perfecto 2014.

O 93 impúxose na Superfinal ao norteamericano Jared Mees, que tan só cedeu nesta carreira nunha batalla final protagonizada polos gañadores das categorías Superprestixio (pilotos de asfalto) e Open (pilotos off road). A terceira posición foi para o tamén norteamericano Kenny Noyes.

Unhas 9.000 persoas acudiron á cita no Palau Sant Jordi, convertido para a ocasión nunha pista de motociclismo sobre terra, para vibrar cunha competición que reuniu aos tres campións mundiais de velocidade da temporada 2014: Marc Márquez, Esteve ‘Tito’ Rabat e Àlex Márquez. A proba contou con seis pilotos do mundial de velocidade: os tres campións mundiais da temporada, Julito Simón, Toni Elías e o australiano Troy Bayliss.

O gran ausente da competición foi o gañador da primeira edición do Superprestixio Dirt Track, o norteamericano Brad ‘The Bullet’ Baker, que non puido revalidar o título debido a unha caída durante os adestramentos celebrados pola mañá.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2014 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal