Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Detidos en Madrid o líder da «seita» de Oia e a súa man dereita

O pasado xoves tivo lugar a detención de dúas persoas vinculadas á suposta seita de Oia. Están acusados de asociación ilícita en concurso con branqueo de capitais, abusos sexuais, estafa e contra a integridade moral. Deles deberán dar conta durante estes días á titular do xulgado de Tui. Ambos foron trasladados dende Madrid, onde foron arrestados, ata a comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

Os detidos son Feliciano Miguel Rosendo da Silva, exlider da Orde e Mandato de San Miguel Arcángel, destituído polo Bispado de Tui por conduta desapropiada, e Marta Paz Alonso, man dereita do fundador. Ela era considerada dentro do grupo como unha migueliana, que era como se coñecían ás mulleres novas que vestían hábito pero non estaban ordenadas como monxas.

No marco da operación O Edén, os axentes incautaron documentación, material informático, 4.000 euros e dous vehículos.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2014 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal