Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha familia recupera ao seu pastor alemán dous meses despois de que se perdera
Bentley, como se chama o pastor alemán, desaparecera o pasado 9 de outubro, na cidade de Mandan -Dakota do Norte- cando un amigo da familia Leach se despistou no cuidado do animal. A familia movilizouse para buscar ao seu can: buscou en varias páxinas web, elaborou xunto á policía informes para a súa búsqueda, pegou carteis polo vecindario e ata creou una páxina en Facebook.

As noticias fixéronse esperar ata que o 30 de novembro, Cindi Leach recibiu unha chamada dunha muller cuxo amigo vira a páxina de Facebook en Minnesota. Esa muller de Minnesota coñecía ao home que encontrara a Bentley.

A familia Leach poido telefonear ao novo cuidador de Bentley e este deixou ao can escoitar a voz dos seus donos. O animal reaccionou con alegría ao escoitar á súa propietaria. Unha vez que confirmaron que o pastor alemán atopado era Bentley, viaxaron a Detroit Lakes -Minnesota- para recoller ao seu can. Con menos peso, problemas intestinais, unha neumonía e unha infección no oído, Bentley regresaba a casa. Felizmente, unha veterinaria confirmou que coa medicación axeitada o pastor alemán volvería a un estado físico óptimo en dúas semanas.

Bentley viaxou dende Mandan ata Detroit Lakes -máis de 200 millas-, mais a súa propietaria Cindi Leach nunca perdeu a fe, aínda que recoñece que "tivo dúbidas sobre se vería de novo ao seu can".

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2014 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal