Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Critican que Culleredo acolla un circo con animais
A Asociación Animalista Libera criticou ao concello coruñés de Culleredo por acoller no Burgo un circo con animais, previsto para as próximas semanas.

Esta entidade considera que non é idóneo autorizar unha actividade "na que os animais son sometidos a un trato antinatural onde se ven obrigados a sobrevivir fóra do seu hábitat e en condicións radicalmente alexadas ás que cubrirían os seus comportamentos habituais". A asociación detalla nun comunicado que 170 municipios de España xa prohibiron os circos con animais e por iso considera que Culleredo non debería autorizar o espectáculo previsto para as próximas semanas.

Tamén asegura que unha ordenanza municipal prohíbe os carteis publicitarios aínda co circo xa dispón de múltiples puntos nos que anuncia a súa chegada.

O ano pasado esta situación xa fixo debate, pois a mesma asociación afirmou que existía explotación de animais, que eran maltratados de manera sistemática. Neste sentido, diferentes países europeos xa prohibiron este tipo de espectáculos con seres vivos, como son os casos de Bélxica, Austria, Croacia, República Checa, Finlandia ou Polonia.


Irene Iglesias Bastos, 1º Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2014 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal