Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Atopados en Noruega "Empty Socks", a primeira película temática Disney de Nadal
A Biblioteca Nacional de Noruega anunciou o descubrimento dun filme de animación de Walt Disney, feito en 1927, que crían que estaba desaparecido.

Medias baleiras (Empty Socks), a primeira película de animación cunha temática de Nadal de Disney, foi atopada durante un inventario de materiais dunha biblioteca en Mo i Rana, preto do Círculo Polar Ártico.

"En principio, non sabía que era un tesouro cinematográfico", dixo Kjetil Soerenssen Kvale, arquivista da institución. "A película consistía en dúas bobinas, cuxo contido non foi claramente marcado".

David Gerstein, artista de Disney e especialista na historia dos debuxos animados, marca esta curta en 5 minutos e medio.

Medias baleiras é protagonizada por Oswald, o Coello Afortunado, o predecesor de Mickey Mouse.
A Biblioteca Nacional de Noruega enviou unha copia da película digitalizada á Walt Disney Company. Ata o momento, houbo só unha secuencia de 25 segundo curta no Museo de Arte Moderna de Nova York.

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2014 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal