Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Finaliza o Culturgal
O Culturgal pechou as súas portas este domingo, na súa terceira e última xornada, con novidades editoriais, música en directo, espectáculos e novas propostas, que mostran a "vitalidade" da cultura galega.

Deste modo, o "intenso" programa deste domingo estivo composto, segundo se mostra na propia páxina web do Culturgal, polo novo espectáculo 'Xiqui Xoque Fiú Fiú', do proxecto María Fumaça con Uxía.

Así mesmo, a nova 'Estación Nadal', de Mamá Cabra, tamén formou parte dos eventos desta xornada, xunto ao recital de poesía gastronómica organizado pola revista Bembo.

Na liña da gastronomía, tamén tivo lugar un encontro de cervexas artesanais, mentres que no ámbito da música a artista Alba María presentou o seu primeiro disco. No que respecta aos premios, sobre as 17,00 horas, o equipo do programa Diario Cultural, de Radio Galega -dirixido pola xornalista Ana Romaní- recollerá o 'Premio do Público Cultural 2014'.

A xeito de balance, dende o Culturgal destacaron que o público aumentou con respecto ao ano anterior, a pesar de ser esta a primeira edición na que se cobra por entrada. De feito, o sábado pola tarde rexistrouse un pico na entrada ao Culturgal, computándose a entrada de 1.000 persoas entre as 16,00 e as 17,00 horas.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2014 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal