Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

En Riazor, 100% fútbol
Unha noite de inverno escura e húmida na Coruña, coa auga goteando do ceo sen descanso. E unha pancarta presidindo a bancada de Maratón Inferior, clausurada por segundo partido consecutivo e na que habitualmente se situaban os Riazor Blues. «Real Club Deportivo #Contra A Violencia. Riazor, 100% Fútbol». Letras en branco sobre un fondo azul. E iso foi o que ocorreu onte no estadio do Dépor. Só fútbol.

E tensión. Desde a entrada ao campo dos afeccionados, que, a pesar da persistente choiva e o intenso vento que conxelaban os asentos, acudiron en gran número á cita, ata a saída ao céspede dos xogadores, con asubíos para os visitantes e calor para os locais -só Víctor Fernández levou a protesta da inchada branquiazul-. E logo houbo rabia. A dunha atronadora pitada. Ruído contra todo. Contra a violencia, as derrotas e tamén contra o presidente do consello de administración, Tino Fernández, e que acabou cubrindo a música da megafonía, que retumbou coma unha bala ata dous segundos antes de que o árbitro decidise que, a pesar de todo -ou talvez por todo-, o partido debía comezar.

Pero a partir do minuto cinco, Riazor empezou a esquecerse do palco para regresar ao céspede, para vibrar cos seus xogadores, para animar cada esprint de Juanfran pola banda, cada arreón de Cavaleiro... Pero foi José Rodríguez quen terminou de enganchar á bancada co xogo. Unha internada polo centro a dous toques arrincou os primeiros aplausos e entón o estadio volveu recoñecerse. E xa non facía tanto frío e o día parecía dun negro menos intenso que cando ás dez da noite o balón puxérase a rodar polo verde do coliseo coruñés.

E chegou o gol do Málaga e logo o descanso e con el, o repouso. Saíu na segunda metade con máis brío o equipo e tamén se entoou o estadio. Quería animar, animar coa forza que adoita, a dunha das mellores afeccións de España. Tívoa Cavaleiro. ¡Ao pau! E máis pitos para Kameni e cada vez con máis intensidade. E a Postiga e Medunjanin cando Víctor os mandou ao banco. E Tino dimisión, Tino dimisión...

En Riazor, 100 % fútbol.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2014 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal