Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fito & Fitipaldis: Ese tipo que vende discos coa gorra
Hai tempo que o señor Cabrales deu coa fórmula axeitada para converter canto grava en ouro. En pratino, mellor dito, posto que “Huyendo Conmigo de Mí”, o seu sexto disco de estudo, superou en catro semanas a barreira das 40.000 copias vendidas. Das trece datas que compoñen este primeiro tramo da correspondente xira, os seus Fitipaldis esgotaron entradas en nove, incluíndo dúas descargas consecutivas no antigo pavillón de deportes da Comunidade de Madrid, hoxe patrocinado por unha entidade bancaria, cambio cutre pero untado que ben podería proporcionarlle ao noso home argumentos para un par de temas.

As tres placas que a banda encadeou dende a incorporación de Carlos Raya -quen ía sospeitar entón que baixo as guedellas de permanente que este tipo abaneaba nos 80 como guitarra de sangue azul se ocultaba un verdadeiro xenio- alcanzaron o número 1 nas listas de vendas, o cal fala claro da súa peculiar asociación de talentos. Con estes pans baixo o brazo retorna Fito, que para rizar o rizo acaba de ser pai outra vez, a Galicia. No Multiusos Fontes do Sar, xunto a unha das revelacións do rock estatal crapulesco e cachondo: Os Zigarros, que non por casualidade contan con Raia como produtor.

Que máis se pode dicir dun home que parece incapaz de facer nada mal. Achácaselle adaptación, falta de risco e un grao de mimetismo que faría dos seus últimos traballos outras tantas caras dun mesmo e continuo disco. Tal vez, pero o bilbaíno desprende honestidade. A diferenza de moitos outros, nin anda dándolle leccións a ninguén nin perdoando vidas. É un tipo que sabe cantar e tocar a guitarra, cóntanos as súas historias e nunca foi doutra cousa. Moi de agradecer. Moito.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2014 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal