Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un bico de felicidade
Moitas persoas pregúntanse que poden facer para ser máis felices ou cal é o segredo da felicidade, se é que existe algún segredo que poidan descubrir e poñer en práctica para cambiar as súas vidas e sentirse máis satisfeitos e felices.

Para alcanzar a felicidade, moitos tenden a mirar cara ao futuro, pensan no que non teñen e desexarían ter, en como lograr ese obxectivo lles faría sentirse felices, e tratan de loitar con unllas e dentes por alcanzar esa meta que, supostamente, traerá a felicidade ás súas vidas.

Outros miran cara ao pasado, lamentando oportunidades perdidas, erros cometidos, culpándose e castigándose por non actuar doutra forma e pensando que, se o tivesen feito, agora serían moito máis felices; dese modo tortúranse dando voltas na súa mente aos seus erros pasados, aqueles que xa nunca poderán cambiar.

O problema é que a felicidade non existe nin no futuro nin no pasado. É un estado emocional, un estado interno, que só podes sentir no presente. Podes recordar un suceso pasado que foi positivo e sentirte contento ao recordalo, pero esa felicidade estala a sentir agora, vívela agora, experiméntala no momento presente, non no pasado, e iso é o que lle dá valor, o que a fai real e o que todo o mundo busca cando afirma que quere ser feliz.

O que non podemos esquecer é que a felicidade é como un bico, hai que compartila para desfrutala.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2014 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal