Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha cita con Megaxove esta ponte
Megaxove é un salón destinado ao entretemento e á diversión dos nenos e mozos de Ourense, sen esquecer a súa vertente educativa e formativa.

Os xogos, as aulas dedicadas á difusión das novas tecnoloxías e ao respecto do medio, os concursos de baile, os talleres de teatro, os contacontos ou as actividades deportivas son algunhas das propostas de ocio de Megaxove que converterá a Expourense no maior centro de ocio de Galicia esta fin de semana.

O seu obxectivo é reunir aos nenos e nenas, e mozos así como ás súas familias nunha inmensa aula de ocio con todo tipo de actividades, conxugando formación e diversión e potenciando valores como compañeirismo, igualdade, o traballo en equipo ou a convivencia interxeracional.

O deporte é un dos grandes protagonistas de Megaxove, que continuará promovendo as disciplinas minoritarias para contribuír á difusión de alternativas menos coñecidas. Ademais das deportivas, outras propostas fomentarán a participación activa do público a través de xogos, exhibicións, torneos...

A implicación de clubs deportivos, asociacións xuvenís, o apoio de empresas e de institucións, fan posible un completo programa para todos os gustos, ao mesmo tempo que distintas entidades dan a coñecer a súa actividade dirixida á xuventude.

Engadimos unha imaxe da actuación da escola provincial de danza “Castro Floxo” do día 4.

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-12-2014 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal