Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O entroido de Xinzo opta a ser declarado Festa de Interese Turístico Internacional
Xinzo de Limia ten o privilexio de ter o ciclo do 'entroido' (entroido) máis longo de Galicia e un dos cinco máis longos de España ademais de conservar as tradicións do entroido como en pouco lugares. Con estes méritos, a localidade avanza con firmeza na procura do recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.
Co dossier practicamente ultimado para presentar á Xunta Galicia e que da administración autonómica pasen os trámites ó Ministerio de Cultura para que este valore outorgarlle tal distinción, o concelleiro de Cultura de Xinzo de Limia, Carlos Gómez, recorda nunha conversación con EFE os moitos valores desta celebración.
"Cinco domingos completan o ciclo do entroido de Xinzo, o ciclo máis longo de Galicia e dos cinco máis duradeiros de España", apunta.
O próximo 25 de xaneiro será 'Domingo Fareleiro', a primeira celebración do entroido que mergulla ós participantes nunha singular batalla coa fariña como única arma.
A "colga do meco", o 'Domingo de Oleiros' no que corros de persoas vanse pasando potas de barro cheas de auga tratando de que non se caian para evitar a penalización, pagar uns viños. O 'Corredoiro', 'Entroido' ou o 'Domingo de Piñata' completan, grosso modo o ciclo.
Pero, segundo Gómez, o éxito do entroido de Xinzo non se debe só á súa duración, todo un mes, senón tamén a "a conservación da tradición" en combinación coa 'innovación". Destaca neste segundo punto a "incorporación de equipos de música, carrozas ou o petardazo", unha especie de chupinazo na xornada anterior ó Domingo Fareleiro.
Os novos aspectos non enturban as tradicións, algo ao que prestan especial atención desde a organización. As "pantallas" foron, son e serán o buque insignia deste entroido. Correndo coas súas espectaculares máscaras, as campás e as vejigas de porco endurecidas e infladas "fan participes a todos os asistentes ó entroido de Xinzo", apunta o edil.
De feito, fai fincapé nun outro valor da celebración limiana: "Todo o que vén participa da festa, noutros entroidos os asistentes son espectadores e ven un desfile ou son obxecto das bromas dos participantes, en Xinzo son parte activa e necesaria".
Para ir ó entroido de Xinzo hai que ir disfrazado, "se non se arriscan a que as pantallas os metan nun bar e deban pagar un viño", un xeito tamén de involucrar a aqueles menos amantes do entroido.
Pero, máis aló da festa, "ao redor deste ciclo do entroido xira boa parte da vida de todo o ano na Limia", explica Gómez, tanto a nivel hostaleiro, como coa fabricación dos disfraces, as pantallas, máscaras ou as tradicionais campás que colgan nas vestimentas típicas da zona.
"Imos cos tempos" pero este recoñecemento, abunda o edil de cultura, "serviría de novo estímulo para seguir conservando a tradición que fai tan xenuíno este entroido".
Se Xinzo de Limia é uns referentes nesta festa dentro da provincia, Ourense no seu conxunto e ata Galicia como un todo son unha cita indispensable durante o entroido, ata a nivel internacional. Por iso, paralelamente ós trámites que Xinzo está realizando para conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional, tamén traballan en conseguir que os entroidos galegos sexan recoñecidos como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola Unesco.
Singulares, únicos e tradicionais, esas son as claves duns entroidos con nome e apelido que non queren deixar de crecer.

Sara Pimentel González, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal