Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

2º DE BACHARELATO B NOS CINES OURENSÁNS

Ao longo desta semana, aos alumnos de 2º de Bacharelato B, presentousenos a idea de acudir aos cines de Ourense a ver o filme de “A Esmorga” o día 3 de decembro. Despois dunha dura semana de exames, todos sen expeción, aceptamos a proposta moi entusiasmados. Comunicámoslle esta idea ao noso titor Xián, e el uniuse como un máis ao grupo.
A compra das entradas foi un crebacabezas para nós, non sabiamos os horarios, cando abrían os portelos, quen ía ir por elas… todo unha caos. Finalmente tres voluntarias, o mércores, día do espectador, acudiron ao centro comercial Ponte Vella e adquiriron as entradas de todos.
Polo grupo da clase chamado “Os protos”, quedamos as oito menos cuarto. Coma sempre, a metade da clase non chegou puntual, cousa que non é de estrañar en 2º de Bacharelato B, pero finalmente entramos todos coma un rabaño á película.
Alí dentro, cada un no seu asento e cos seus flocos de millo, puxémonos a desfrutar da tan coñecida e comentada película de “A Esmorga”. Algunha escenas subidas de ton, foron motivo de gargalladas dalgúns membros da clase xa que non é habitual ver a maneira tradicional galega de quitar os “sabañóns” diante do titor… En xeral, quedamos moi satisfeitos, especialmente aqueles que leramos o libro.
Remataba así, unha xornada histórica para a nosa clase, unha xornada que lembraremos dentro de corenta anos cando nos atopemos na rúa con algún dos nosos compañeitos ou co titor.
A título persoal gustaríame agradecerlle ao titor e o resto da clase o bo rato que me fixestes pasar o día 3, porque cada día que pasa, 2º B é unha “piña” máis grande. GRAZAS!

Carlos Seoane Martínez, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-12-2014 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal