Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os voluntarios van a máis na Cruz Vermella ourensana
Para axudar aos demais e ser solidarios non abonda só con vontade e capacidade, senón que tamén resulta necesario poder contar cun presuposto económico e entidades como Cruz Vermella coñecen ben a importancia de contar con fondos para poder desenvolver as accións dos seus programas. Por iso en Ourense levaron a cabo durante esta semana unha campaña de captación de novos socios. E a pesar de que a crise económica quitou por un lado un gran número de socios veteranos, que non podían continuar achegando as súas cotas, por outro, achegoulles novos socios de segmentos de poboación que ata a crise non estaban concienciados coa necesidade de axudar. "Nos últimos tres anos, incrementamos un 9 por cento o número de socios, contando nestes momentos cuns 7.800 na provincia. Foi algo curioso, tivemos moitas baixas compensadas con altas novas de xente que ata agora nunca se parara a pensar nas persoas máis necesitadas e en que había unha parte da poboación que necesitaba axuda", sinala Carmen González, responsable de captación de fondos de Cruz Vermella en Ourense. Engade que ademais se dá outro rechamante fenómeno en tempos de crise: a cota media por ano e socio aumentou. A cota mínima para ser socio é de 4 euros por mes, e a partir desta cifra o que cada un poida achegar e na periodicidade que desexe, podendo variar a cota en calquera momento. En canto á presente campaña, aínda que aínda non hai datos porque aínda non rematou, a sensación é "moi boa, os voluntarios dinnos que a xente se para e pregunta. En calquera caso hai que destacar que Ourense é sempre moi solidaria", engade Carmen González. Ademais, o día do Voluntario é un eixe fundamental para manter a actividade de Cruz Vermella, que este ano sumou 400 persoas, alcanzando a cifra total de 1.200 voluntarios, que cada día participan nos seus distintos proxectos. A entidade conmemora este Día Internacional con actividades en todas as súas asembleas comarcais.

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal