Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XOGO RETIRADO A CAUSA DA SÚA VIOLENCIA

A cadea minorista Target Australia retirou da venda o videoxogo "Grand Theft Auto V (GTAV) ", tras unha campaña que denunciou que este promove a violencia contra as mulleres, informou hoxe a prensa local.

A decisión foi tomada despois de que máis de 38.000 persoas subscribisen a campaña de denuncia iniciada o sábado pasado a través do portal "Change.org" por tres mulleres vítimas de violencia de xénero.

"É un xogo que alenta os participantes a matar as mulleres por diversión. Incentiva a cometer violencia sexual contra as mulleres, a abusar delas ou matalas para seguir xogando ou obter máis puntos", segundo un extracto da solicitude divulgada pola ABC.

O director xeral de asunto corporativos de Target, Jim Cooper, dixo nun comunicado que a decisión foi tomada a raíz das queixas e a "preocupación significativa" expresadas por varios clientes.

En "Grand Theft Auto V" a acción ten lugar nun imaxinario San Andreas, inspirado no sur de California, onde o xogador segue tres criminais que cometen todo tipo de asaltos mentres foxen da persecución das autoridades. Este videoxogo, producido por Rockstar Games, clasificado R e dispoñible para Xbox360 e PlayStation3, saíu á venda en Australia en 2013.

Non hai máis dunha semana celebrouse o día da Violencia de xénero contra a muller e atopamos este caso en Australia. Como pode saír á venda un videoxogo de tal temática? Dende o 2013 hai xente que estivo xogando a dito xogo e emocionado pasaba horas e horas diante do televisor, como foron capaces? Cada vez que matas a unha muller, consigues puntos para seguir xogando, como non imos encontrar casos de violencia de xénero na realidade? Menos mal que tomaron medidas contra dito caso e ese xogo foi retirado do mercado, aínda que estivo máis dun ano a disposición de todos.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal