Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Grecia tacha de «provocación» que o Museo Británico preste unha peza do Partenón a Rusia

O primeiro ministro grego, Andonis Samarás, cualificou hoxe como unha «provocación» á decisión do Museo Británico de Londres de prestar unha das esculturas pertencentes ao Partenón ao Museo Hermitage de San Petersburgo. «O último argumento do Museo de que 'os mármores non se van' xa non existe. Como quedou obsoleto, coa construción do novo Museo do Acrópole, o seu antigo argumento sobre a ausencia dun lugar axeitado para os mármores en Grecia,» asegurou o primeiro ministro, tras coñecer a decisión da galería británica. Por primeira vez, o Museo Británico prestará unha das esculturas de mármore do Partenón (parte do conxunto coñecido como os Mármores de Elgin) á galería de San Petersburgo, con motivo do seu 250 aniversario. Trátase dunha escultura sen cabeza do deus fluvial Ilissos, encontrada hai 2.500 anos na rocha sagrada. «O Partenón e as súas esculturas foron obxecto de saqueo. O valor dos mármores é incalculable e os gregos identificámolos coa nosa historia e a nosa civilización. Non poden ser desmembrados, nin prestados, nin cedidos,» remarcou Samarás. Pola súa parte, o director do Museo do Acrópole, Dimitris Pandermalis, asegurou en declaracións á edición grega do Huffington Post, que no pasado o seu museo solicitou ao británico o préstamo destes mármores, pero para iso Reino Unido esixiu que Grecia recoñecese a súa propiedade sobre as obras. «Esta vez o Museo Británico prestou unha parte dos mármores do Partenón ao Museo de San Petersburgo sen esixirlle esa garantía», dixo Pandermalis, quen pediu para o museo grego as mesmas condicións. «Nun futuro próximo o Museo do Acrópole repetirá a súa petición para o préstamo dos mármores do Partenón», adiantou.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-12-2014 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal