Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMBARRO, DE HÓRREO EN HÓRREO

Saíndo de Pontevedra en dirección O Grove, a uns seis quilómetros, encóntrase a bonita localidade de Combarro, un dos lugares máis pintorescos e representativos das Rías Baixas. O nome de Combarro está ligado estreitamente a unha das construcións máis típicas e tradicionais de toda Galicia: o hórreo. Por iso, unha visita á localidade significa facer unha ruta case de hórreo en hórreo, aínda que en Combarro hai moito máis que ver, admirar e saborear.

Está construída sobre granito, ao lado do mar, en forma de curva e recoméndase comezar a visita a Combarro paseando polo seu paseo marítimo ata chegar á praza de Chousa. Desta forma pódense ter unhas vistas incribles da costa e coñecer a súa situación privilexiada. Logo convén internarse na zona antiga e deixar voar a imaxinación ata séculos atrás posto que a localidade aínda conserva características doutras épocas.

Na praza de San Roque, de pequeno tamaño, pódense ver representacións arquitectónicas típicas, como dous cruceiros dos sete que se encontran nesta parte da vila. Nesta mesma praza paga a pena prestar a atención ao edificio que garda no seu interior a biblioteca, cun bonito balcón de pedra que finaliza nunhas escaleiras. A vila de Combarro é como un libro desexoso de ser aberto para poder desvelar todas e cada unha das historias que garda no seu interior. Ao que hai que sumarlle o misterio que desprenden a maioría de localidades galegas, coas súas lendas e fábulas.

As casas mariñeiras son as vivendas máis típicas do pobo. Poderíanse definir como casas de planta baixa pegadas entre si nas que se gardan os instrumentos de pesca e, en ocasións, se elabora nelas viño de xeito familiar. Dormitorios pequenos, unha cociña e unha sala na parte dianteira e un balcón na fachada. O tipo de familia que habitaba no seu interior podíase intuír debido ao seu material, se era de pedra, de madeira ou de ferro forxado.

Carlos Seoane Martínez, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2014 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal