Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O anuncio da Lotaría de Nadal: E se non compras ese décimo e toca?
A corenta días do sorteo da Lotaría de Nadal deste ano, a Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (Selae) presentou este mércores o anuncio producido para a televisión e, como novidade, para unha páxina web creada co fin de distribuílo. Para a realización, a axencia de publicidade Leo Burnett contou con 840.000 euros, segundo a presidenta da Selae, Inmaculada García Martínez. Unha parella que decide volver casar, un matrimonio de 50 anos que segue namorado, unha muller que encontra as promesas que os seus pais se fixeron se un día lles tocaba o premio e a historia principal, que xira en torno ao bar dun personaxe entrañable chamado Antonio, son algúns dos nove argumentos, convertidos en cuñas publicitarias, elixidos para promover a venda de décimos. Para o director do anuncio, Santiago Zannou, "que o anuncio emocione non quere dicir que sexa triste". Describe así a sensación que provocan as nove historias protagonizadas por diferentes personaxes. O director creativo de Leo Burnett, Juan García Escudero, destaca na presentación do anuncio que na discusión sobre o enfoque se repetía a palabra "compartir". "A Lotaría tócalle compañeiros do traballo; toca no bar do barrio, á familia. En realidade xogamos todos". Por iso, a decisión é que o slogan que acompaña á campaña sexa: "O maior premio é compartilo”.

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2014 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal