Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre en Sevilla Cayetana Fitz-James Stuart, a duquesa de Alba
A aristócrata Cayetana Fitz-James Stuart e Silva, XVIII duquesa de Alba, XI duquesa de Berwick e catorce veces Grande de España, morreu este xoves no palacio das Dueñas , a súa residencia en Sevilla aos 88 anos de idade, rodeada do seu actual marido Alfonso Díez e dos seus seis fillos.

A aristócrata foi trasladada, por expreso desexo da paciente e dos seus familiares, ao seu domicilio sevillano desde o Hospital Quirón Sacro Corazón da capital andaluza, onde a duquesa de Alba foi ingresada o pasado domingo na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) en situación de insuficiencia respiratoria secundaria a pneumonía, asociada con arritmia cardíaca e repercusión hemodinámica.

O seu sacerdote e confesor afirmou que “a duquesa morreu en paz, rodeada de todos os seus fillos e acompañada do auxilio de Deus”.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º da ESO A.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-11-2014 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal