Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Chega a Barbie 'normal', con estrías, tatuaxes ou celulite
Como reacción ante as irreais medidas da Barbie clásica e os problemas que esto pode xerar nas nenas, o deseñador Nickolay Lamm creou unha Barbie 'normal'. Bautizada como 'Lammily', esta boneca posúe o corpo e as proporcións dunha rapaza de 19 anos normal e corrente. Ademáis, ao igual que pasa na vida real, este xoguete conta con detalles clásicos de calquera muller: acne, imperfeccións ou mesmo celulite.

Tras comprobar o interese de moitos pais, o deseñador lanzou en marzo unha campaña de crowdfunding que logrou reunir máis de 500.000 dólares de 13.621 usuarios que apoiaron o seu proxecto, encargando case 20.000 bonecas. A Barbie xa ten unha competidora real.

Cristina Rey Pérez, 4º da ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-11-2014 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal