Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Científicos Xaponeses logran biocombustibles das laranxas:
Un grupo de científicos da universidade xaponesa de Mie informaron de que lograron desenvolver un biocombustible a partir de laranxas non aptas para o consumo que mostrou bos resultados pola súa eficiencia e a súa natureza pouco corrosiva.

O equipo leva máis dun ano embarcado neste proxecto que trata de aproveitar o excedente que se dá na localidade de Mihama, ao sur da prefectura de Mie (oeste de Xapón) famosa pola súa produción de laranxas.

O equipo conseguiu que un vehículo duns 14 quilos activado por control remoto funcione mediante unha mestura de gasolina e este novo biocombustible de laranxa, informou hoxe o diario Asahi.

"Este biocombustible podería ser utilizado para tractores e segadoras agrícolas con motor de gasolina", explicou ao rotativo o profesor de bioinxeniería da Universidade de Mie que dirixiu a investigación, Yutaka Tamaru.

O equipo mesturou en tanques laranxas non aptas para o seu consumo (pasadas ou danadas), así como os refugallos que quedan tras producir zume deste cítrico cunha bacteria (clostridiumcellulovorans) obtida a partir de labras de madeira.

Esta bacteria descompón as fibras de celulosa e produce un azucre que, ao fermentar xunto a outro microorganismo engadido, produce este biocombustible de laranxa nuns 10 días.

O equipo logrou extraer uns 20 mililitros de biocombustible duns 3 quilos de laranxas descartadas e refugallos de laranxa.

A substancia tamén resultou menos corrosiva que o bioetanol, normalmente producido con millo ou remolacha, xa que o 70 por cento do seu contido é biobutanol, que non reacciona tan doadamente coa humidade.

O biobutanol, ademais, ten maior poder calirífico que o bioetanol, e fai posible que a porcentaxe de biocombustible sexa maior cando se mestura con gasolina.

Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-11-2014 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal