Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SONY ABANDOA OUTRO PROXECTO ADICADO A STEVE JOBS
Tras tres anos intentando sacar adiante o proxecto, Sony decidiu abandonar o biopic de Steve Jobs. Segundo apunta Deadline, Universal Pictures é quen puxa agora por facerse polo proxecto. A película está baseada na biografía escrita polo ex redactor xefe da revista Time e a CNN Walter Isaacson.

O biopic maldito de Steve Jobs, o segundo despois do cal protagonizou o pasado ano Ashton Kutcher, conta con guión de Aaron Sorkin, creador de series como The Newsroom e House of Cards e gañador do Óscar polo libreto de A rede social.

Tras a morte de Jobs en outubro do 2011, Sony moveuse con rapidez: conseguiu os dereitos do libro de Walter Isaacson e en poucas semanas atou a Sorkin. Os bríos iniciais víronse freados por diversos impedimentos á hora de elixir director e protagonista. A primeira opción de Sony foi David Fincher, pero o cineasta puxo como condición que Christian Bale encarnase o fundador de Apple. As conversacións co actor non frutificaron e Fincher abandonou o proxecto. Sony volveu entón a súa mirada cara a Danny Boyle, que pediu a Leonardo DiCaprio, pero este planea tomar un tempo de descanso despois de rodar The Revenant. Foi entón cando volveron tentar a Christian Bale. E parecía que nesa ocasión todo ía vento en popa, pero volveu dicir que non por segunda vez.

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-11-2014 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal