Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Batman contra o Valencia F.C.

A editorial DC Comics enfróntase á Valencia Club de Fútbol ao entender que a nova versión do morcego do seu escudo se parece demasiado ao logotipo e sinal distintivo do seu personaxe estrela: Batman.

Segundo informa a web Praza Deportiva, DC Comics opúxose a que a Valencia rexistre na Oficina de Harmonización do Mercado Interior (Oami), o rexistro de marcas da Unión Europea, como marca a última versión do morcego do seu escudo.

A Valencia ten xa rexistrada, como elemento independente, o morcego que aparece no seu escudo tradicional, pero foi cando intentou rexistrar a última variante deste, a das ás despregadas, cando DC Comics se opuxo alegando que se parece demasiado a varias versións do símbolo de Batman que xa ten rexistradas.

De momento, o rexistro de marcas da Unión Europa aínda non resolveu sobre o caso, pero tendo en conta que a imaxe dun morcego foi usualmente utilizado na heráldica española dende o século XIII, e que a Valencia usou os morcegos nos seus escudos dende o nacemento do club en 1919 (20 anos antes de que Batman, creado por Bob Kane e Bill Finger en 1939), DC necesitará un superavogado para facer valer a imaxe do seu superheroe neste caso.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-11-2014 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal