Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS EMOTIVOS VÍDEOS DUN PADRE QUE SE DESPIDE DA SÚA MULLER E DO SEU FILLO CANTANDO.

Chris Picco e a súa muller Ashley de 30 anos esperaban o nacemento do seu primeiro fillo cando ela enfermou inesperadamente. Ashely faleceu mentres durmía e o seu fillo naceu por cesárea. Desgraciadamente o pequeno Lennon naceu prematuro e con escasas esperanzas de vida.

Chris recordou como o seu fillo movíase no ventre materno cando el cantaba coa súa guitarra o clásico dos Beatles “Blackbird”.

Días despois Chris Picco escribía sobre o falecemento do seu fillo: “O pequeno loitador, Lennon James Picco durmiuse nos brazos do seu pai esta noite rodeado de amigos, familiares e médicos e xunto a un conxunto de guitarras comprado pola súa nai.”

No funeral, Chris Picco reuniu forzas para dar un emotivo discurso que sacou lágrimas e risas a todos os presentes, e para rematar colleu a súa guitarra para cantar unha última canción na memoria da súa muller e do seu fillo.

Selena González Rodríguez, 4º da ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-11-2014 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal