Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fútbol como terapia contra alzhéimer

Un estudo desvelou que falar de fútbol beneficia a personas con demencias e con alzhéimer, según detallaron este venres en Salamanca dúas das súas autoras, Laura Coll e Sara Domènech, médica e psicóloga, respectivamente, da Fundación Salut i Envelliment (FSIE) da Universidade Autónoma de Barcelona. Este proxecto realizase, a través de talleres, en dous centros de Valencia e Barcelona e que pronto estará en Bilbao e en Salamanca.

Por agora, como insistiu en diversas ocasións a psicóloga Sara Domènech, viuse que falar de fútbol en persoas con alzheimer u outras demencias "mellora a súa atención, beneficia ao seu estado de ánimo e ao profesional axudalle a coñecer mellor ao paciente", según Coll.

O director xeral do Imserso, César Antón, asegurou, en roda de prensa no Centro de Referencia Estatal do Alzheimer en Salamanca, que do que se trata é de "avanzar en terapias non farmacolóxicas" para lograr "unha mellor asistencia ás familias e aos pacientes".

Un programa que foi impulsado pola Federación Española de Asociacións de Futbolistas Veteranos (FEAFV) e polo Instituto de Envellecemento da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e basase na terapia da reminiscencia, "un tratamento non farmacolóxico" que se utiliza "como terapia de estimulación cognitiva", según Laura Coll.

Domenèch especificou que estos talleres realizáronse durante tres meses unha vez por semana durante dúas horas e contou con "entre 6 e 8 pacientes con deterioro cognitivo ou demencias leves ou moderadas".

A través de fotografías da época, de charlas de exxogadores profesionais, de vídeos ou de obxectos "fálase de fútbol", "axúdase a recordar aos pacientes con demencias" e "estimúlaos con conversacións de grupo", có que se conseguiu "mellorar" o "estado de ánimo do paciente, xa que van moi contentos ao taller e alí están moi a gusto".

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-11-2014 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal