Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ferrari fai oficial a saída de Fernando Alonso.
O equipo Ferrari confirmou este xoves que o piloto español Fernando Alonso abandonará o equipo ao final da presente tempada. Despois de cinco anos, 1.186 puntos, 44 podios e 11 vitorias, Alonso deixará Ferrari. Tamén fixo oficial a fichaxe de Sebastian Vettel para os próximos tres anos. O piloto español recoñeceu que abandonar Ferrari supuxo "unha decisión difícil, pero moi meditada, na que sempre, de principio a fin, imperou" o seu "amor" pola 'Scuderia' e asegurou que xa está a mirar "cara ao futuro con moita ilusión e determinación". Tiven sempre a sorte de poder decidir o meu futuro e agora volvo ter esa oportunidade; por iso quixera dar as grazas ao equipo, que se mostrou comprensivo á hora de entender a miña posición,". O ovetense apuntou que nestes cinco anos vestido de vermello chegou a alcanzar o seu "mellor nivel profesional", afrontando "grandes retos" que "lle empurraron a buscar novos límites".O director do equipo Ferrari, Marco Mattiacci, eloxiou a figura de Fernando Alonso, despois da confirmación este xoves da súa marcha, "estará no álbum de ouro dos pilotos da Scuderia Ferrari, Fernando Alonso ocupará sempre un posto de honra xa que ata en dúas ocasións rozou o título mundial nos últimos cinco anos".

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-11-2014 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal