Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Século XXI?
É sorprendente a situación que se está a vivir en pleno século XXI. Como estudante de Lingua e Literatura galegas, paréceme sorprendente que poida existir a posibilidade de que esta carreira de tanto nivel se borre das vías universitarias.

Gustaríame amosárvos que todo este conxunto de prexuízos que roldan pola sociedade están moi confundidos. É moi normal atopar comentarios tales como "Facer eu Filoloxía galega? Se é unha carreira que non ten futuro". Pois ben, a todos estes dígolles o seguinte: Filoloxía galega é unha carreira universitaria que conta con moito nivel, cuxo obxectivo é que todos os alumnos alcancemos unha formación completa e eficaz do estudo sobre a nosa lingua, tanto en ámbitos sociolingüísticos ou históricos como lingüísticos.

E tamén teño que dicir que para as opinións que dubidan da viabilidade desta titulación no mundo real, é totalmente posible poder chegar a traballar en docencia ou en outros menesteres.

Por outra banda, isto amosa o pouco sentimento que teñen as persoas, os galegos e galegas, que en troques de amosar un sentimento pola súa terra prefiren pasar deste tema. Pois ben, teño que recoñecer que eu, fai uns anos, pasaba do galego, pero foi cando algo na miña mente cambiou, evolucionou e cheguei á conclusión de que nada sería máis fermoso que estudar a miña lingua, a miña cultura, a miña terra e rodearme das persoas que seguen tamén este sentimento.

Pese a todos os comentarios que surxiron ante a miña idea, seguín adiante e non me arrepinto de nada, por iso anímovos a cambiar esta situación. Esta titulación non pode desaparecer das nosas vidas, xa que se moitos asistiriades ás nosas clases quedariades totalmente prendidos e ben amarrados a esta gran carreira.

Samuel Vázquez González, estudante de 1º do Grao de Filoloxía galega.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal