Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aprender a vivir as emocións
Aprendemos dende pequenos que o sentimentalismo (o hábito de sentir a flor de pel as emocións e mostralas en público) era propio de persoas débiles, inmaturas ou con déficit de autocontrol. Ademais, estendeuse no noso imaxinario colectivo o lugar común, machista como poucos, de que plasmar certas emocións -como o choro- pertence ao ámbito do feminino.

Non obstante, aínda que lentamente, vai gañando terreo a convicción de que vivir as emocións é un elemento insubstituíble no proceso que nos leva a alcanzar a madureza persoal e mesmo o desenvolvemento da intelixencia.

O punto de partida é que temos demasiado en conta o noso espazo intelectual: non só lle dedicamos tempo e esforzo, senón que mesmo a valoración que facemos dunha persoa pasa, en boa medida, polos seus coñecementos e habilidades intelectuais. Dende a educación, tanto regulada coma non académica, motivóusenos para que saquemos o máximo partido aos nosos recursos intelectuais. Ninguén discute a necesidade de adquirir coñecementos técnicos e culturais para prepararnos para a vida profesional pero, nunha equivocada estratexia de prioridades, esquecemos ás veces a importancia de educarnos para a vida emocional.

Aprender a vivir é aprender a observar, absorber, analizar e utilizar o saber que imos acumulando co paso do tempo. Pero converternos en persoas maduras, equilibradas, responsables -e, por que non dicilo, felices na medida do posible- esíxenos tamén distinguir, describir e atender os sentimentos. E iso significa contextualizar os problemas, xerarquizalos, interpretalos e asumilos. Porque calquera das nosas reflexións ou actos nun momento determinado poden verse "contaminados" polo noso estado de ánimo e interferir negativamente na resolución dun conflito ou nunha decisión que temos que tomar.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal