Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

12 anos do maior desastre ecolóxico de Galicia
O 13 de novembro de 2002 o Prestige encontrábase a 28 millas de Finisterre, cando se viu inmerso nun temporal e sufriu unha vía de auga. O 19 de novembro, tras intentar afastalo da costa, partiuse en dous afundíndose a unha profundidade de 3850 m. O petroleiro, que estaba nese momento a uns 250 km da costa española, provocou as primeiras manchas negras na costa.

A parte afectada da costa non só tiña grande importancia ecolóxica (como é o caso das Rías Baixas), senón tamén unha notable industria pesqueira. O 2 de xaneiro de 2003, as manchas de combustible estaban a 50 km da costa. Posteriormente, alcanzaron as costas galegas, orixinando un desastre ecolóxico de grandes proporcións.

O 13 de novembro de 2013, tras nove meses de xuízo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolveu a causa sen culpables, pois ningún dos acusados foi encontrado culpable de delito ecolóxico. Condenouse ao capitán do barco, Apostolos Mangouras, por un delito de desobediencia grave ás autoridades españolas durante as operacións de rescate, que lle supuxo unha condena a nove meses de cárcere polo que nunca entrou en prisión. Os outros dous membros da tripulación foron exculpados, pois segundo a sentenza non actuaran «nin con imprudencia, nin de forma dolosa ao asumir unha navegación arriscada».

Hoxe, doce anos despois aínda se nos poñen os pelos de punta ao nomealo, pero penso que é preciso ter este desastre na mente, pois realmente marcou un antes e un despois nas nosas costas.

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal