Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Modern Language Association de EE.UU. crea un foro galego
A Modern Language Association de Estados Unidos vén de crear unha sección dedicada ao galego, Galicia e a súa cultura. A directora executiva da MLA, Rosemary G. Feal, comunicou o pasado xoves a aprobación do Galician Language, Literature and Culture Forum, que xa figura dentro do organigrama da entidade. A proposta galega foi presentada por un comité de docentes e investigadores coas suxestións doutros membros da comunidade académica galega, e recibiu numerosos apoios internacionais. Gabriel Rei-Doval, da Universidade de Wisconsin-Miwaukee e un dos membros deste comité, cualificou onte a nova como «un éxito sen precedentes para a lingua, literatura e cultura galega a nivel internacional» e pola visibilidade que terá para os estudos galegos, en Norteamérica e internacionalmente. O primeiro congreso da MLA na que a decisión será oficial celebrarse en Austin, Texas, no 2016, e dúas sesións dedicaranse a Galicia e a súa cultura.

Cristina Rey Pérez, 4ºESO B

Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 16-11-2014 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Extraordinaria nova para o recoñecemento desta lingua mileria a nivel internacional. Haberá que facer un s#blgtk08#eguimento desde este blog a esa convención de Austin no vindeiro ano.

Parabéns pola noticia
Comentario por Master and Commander (16-11-2014 14:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal