Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

14 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA DIABETE:
Cada ano 4.500 nenos e adolescentes son diagnosticados de diabete tipo 1 en España, unha enfermidade con risco de complicacións que se poden evitar cun axeitado control e grazas a novos tratamentos como as bombas de insulina, que permiten alongar un ano a vida dos pacientes.

O 14 de novembro celebrábase o Día Mundial da Diabete, que en España afecta ao 13,8 por cento da poboación maior de 18 anos, é dicir a uns cinco millóns de persoas. Entre os nenos, a máis frecuente é a diabete tipo 1, cuxa orixe está en factores xenéticos, aínda que tamén existen desencadeantes como a obesidade ou a falta de exercicio físico.

"Son nenos que van vivir moitos anos e o risco de complicacións é moi alto, pero un bo control da enfermidade atrasará a aparición destas complicacións", expresou Raquel Barrios, da Unidade de Endocrinoloxía e Diabete Pediátrica do Hospital Ramón e Cajal de Madrid.
Neste sentido, un dos avances tecnolóxicos que permiten mellorar a calidade de vida dos enfermos, especialmente dos nenos, e que mesmo aumenta os seus anos de vida, son as bombas de insulina, que permiten un mellor control metabólico. Non obstante, a pesar dos beneficios deste tratamento, menos dun 5 por cento dos pacientes utilízano debido aos custos iniciais e as necesidades estruturais da súa implantación.

Os especialistas destacaron a importancia da implicación dos colexios na loita contra a diabete entre nenos e adolescentes e lamentou que a clase de ximnasia se elimine dos cursos superiores, xusto cando os mozos se volven máis sedentarios.

Neste sentido coincidiu o secretario da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición, Miguel Ángel Rubio, quen destacou a importancia de que nos colexios haxa un nutricionista que supervise o menú e controle o peso dos nenos.

"Unha de cada tres persoas que nace agora chegará aos cen anos, pero tamén unha de cada tres padecerá diabete, o que fará que a súa calidade de vida se vexa afectada", advertiu Rubio.

Patricia Fernández González, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2014 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal